Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego. Traxectoria Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923). miniatura|Manuel Veiga Taboada en 2021. En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, que dirixiu entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.
Colaborador habitual de Nós Diario, A Nosa Terra, e o dixital literario Biosbardia.
Obras Narrativa As ruínas da cidade amada (1998). Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-8288-246-8. Biografías de malogrados (2001). Espiral Maior. 80 páxs. ISBN 9788495625267. O exiliado e a primavera (2004). Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9782-202-2. ePub: ISBN 978-84-9914-601-0. Lois e Helena buscándose un día de tormenta (2006). Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-8288-948-1. O profesor de vegliota (2008) Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9782-706-5. Os xornalistas utópicos (2013). Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-9914-515-0. ePubl: ISBN 978-84-9914-413-9. Todo ser humano é un río (2016). Xerais. 280 páxs. ISBN 978-84-9121-093-1. ePub: ISBN 978-84-9121-085-6. A parte queimada. Stalin&Robespierre (2020). Editorial Aira. 150 páxs. ISBN 978-84-121324-8-9. As mellores tendas de Madrid (2021). Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-9121-800-5. ePub: ISBN 978-84-9121-817-3. Perder as bestas (2023). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-1110-338-1. ePub: ISBN 978-84-1110-341-1.
Ensaio O pacto galego na construcción de España (2003). A Nosa Terra. 260 páxs. ISBN 2910009119321. Manuel María, buscando un país (2016). Xerais. 64 páxs. Ilustracións de Víctor Tizón. ISBN 978-84-9121-000-9. ePub: ISBN 978-84-9121-007-8. Manuel María. Vida, versos e rebeldía (2016). Xerais. Con Xosé Lastra Muruais. 136 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-9121-019-1. Galicia contada aos non galeguistas (2020). Xerais. 120 páxs. Ilustracións de Jano. ISBN 978-84-9121-649-0. Que sabes da Guerra Civil e o franquismo? (2021). Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9121-981-1. A literatura galega contada aos escépticos (2024). Galaxia. 110 páxs. ISBN 978-84-1176-200-7. Quero escribir literatura (2024). Aira. 60 páxs. Ilustracións de Miguel Robledo. ISBN 978-84-128581-1-2.
Ensaio humorístico Do G ao Z. Dicionario indiganado e humorístico (2012). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9914-448-1. Obras colectivas Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
Premios Premio Xerais no 2004, por O exiliado e a primavera. Premio García Barros no 2006, por Lois e Helena buscándose nun día de tormenta. Premio da Crítica Narrativa 2023, por Perder as bestas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Gañadores do Premio García Barros