Bershka é unha cadea de tendas de roupa pertencente ao grupo español INDITEX fundado por Amancio Ortega Gaona.

Bershka abriu as súas portas no mes de abril do ano 1998. O concepto de moda destas tendas está dirixido ao público novo, con cambios de deseños para as tempadas outono/inverno e primavera/verán.

O estilo das tendas Bershka é xuvenil e informal, pero dentro dela pódense elixir distintos estilos e gustos da moda.

Ten máis de mil tendas en máis de 54 países.

Marta Ortega, a filla de Amancio Ortega, traballou en Bershka en diversos postos"El aprendizaje de Marta", artigo de Luis Gómez en El País, 20 de maio de 2007 ..

Tendas As súas máis de 1.081 tendas en 2016 atópanse en diversos países: Guatemala Arabia Saudita Bélxica Chipre O Salvador Emiratos Árabes Unidos España Rusia Francia Grecia Países Baixos Irlanda Italia Xordania Kuwait Letonia Líbano Lituania Malta México Polonia Portugal Qatar Reino Unido República Checa Serbia Suíza Turquía Venezuela

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Inditex