Iniciativa Aragonesa (ou en aragonés Iniziatiba Aragonesa), INAR, é un partido político español de ámbito aragonés. Orixinouse como unha escisión do Partido Aragonés, e está liderado por Manuel Escolá Hernando, que con anterioridade ocupaba escano coma deputado das Cortes de Aragón polo Partido Aragonés e do Parlamento Europeo por Coalición Nacionalista. Tivo unha implantación testemuñal, pois en diversas eleccións quedou bastante lonxe do 1% dos votos. Nas diversas eleccións posteriores ao ano 2003, INAR, estivo inactiva politicamente e non presentou ningunha candidatura. Mais o partido oficialmente non se disolveu.

Ideoloxía É un partido nacionalista aragonés. Provocou certa polémica ao lanzar unha campaña contra o Plan Hidrolóxico Nacional de España que co berro de Apadrina un murciano, parodiaban unha ONG que envía botellas de auga aos habitantes de Murcia, España.

Resultados electorais Nas eleccións xerais de España de 2000 e autonómicas de 2003 presentou candidaturas nas tres circunscricións electorais aragonesas, sen obter representación parlamentaria. Foi a sétima opción política máis votada dun total de quince en ámbolos dous comicios. Eleccións e data Votos provincia de Huesca % Deputados Votos provincia de Teruel % Deputados Votos provincia de Zaragoza % Deputados Votos totais de Aragón % Deputados Xerais de España 2000 135 0,11 - 61 0,07 - 846 0,17 1.042 0,15 - Autonómicas 2003 207 0,16 - 62 0,07 - 1.434 0,29 - 1.703 0,24 - Municipais 2003 92 0,07 1 39 0,05 - 1.131 0,23 - 1.262 0,18 1 Eleccións municipais do 2003: presentou candidatos en dezaseis municipios aragoneses, dous na provincia de Huesca, seis na de Teruel e oito na provincia de Zaragoza. Na localidade de Jasa conseguiu un concelleiro, sendo este o único representante obtido por INAR até o de agora.

Municipio Provincia Votos % Concelleiros Huesca Huesca 53 0,22 0 Jasa Huesca 39 27,66 1 Cañizar del Olivar Teruel 7 11,48 0 Libros Teruel 1 0,67 0 Pitarque Teruel 2 2,70 0 Terriente Teruel 4 2,88 0 Teruel Teruel 21 0,12 0 Torres de Albarracín Teruel 4 2,84 0 Alborge Zaragoza 3 3,30 0 Chodes Zaragoza 1 0,83 0 Monterde Zaragoza 2 0,93 0 Olvés Zaragoza 2 2,00 0 Pomer Zaragoza 2 8,33 0 Puebla de Albortón Zaragoza 10 7,14 0 Samper de Salz Zaragoza 1 0,88 0 Zaragoza Zaragoza 1.110 0,33 0

Véxase tamén

Outros artigos Nacionalismo aragonés

Categoría:Partidos políticos de Aragón Categoría:Nacionalismo aragonés