Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado na mesma cidade o 27 de xuño de 2017,"Fallece Zulueta de Haz, alma encendida de la Penzol, el Consello da Cultura Galega y Galaxia", obituario en Faro de Vigo, 28 de xuño de 2017 . foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Traxectoria Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como notario en Gaucín (Málaga), Marín e Vigo, onde residiu.

Foi un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), tamén foi presidente da Editorial SEPT, especializada en obras relixiosas. Zulueta de Haz foi un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata en 1974 e exerceu como o seu vicepresidente ata 1978 ao se unir o seu partido co Partido Popular Galego para dar nacemento ao Partido Galeguista. Zulueta de Haz foi membro do pleno do Consello da Cultura Galega desde 1996 e á morte de Carlos Casares foi elixido o seu presidente o 17 de abril de 2002.

Vida persoal

Estivo casado con María Teresa Fernández Cabaleiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Carlos Zulueta de Haz

Categoría:Presidentes do Consello da Cultura Galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela