Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora, tradutora e investigadora da literatura galega.

Traxectoria Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, dirixida por Basilio Losada. Profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal, A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.

Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, logo de ser anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.

Ademais de escritora, ten traballado en tradución. Canda catro tradutores máis (Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda) realizou a versión ao castelán do Secuestro, a novela de Georges Perec onde non existen palabras que conteñan a letra e (na versión española, que non conteñan a letra a), que lle valeron ao equipo o Stendhal de tradución do francés ao castelán (1998) e seren finalistas do Nacional de Tradución.

Obra Narrativa Cardume (2007) Xerais. 200 páxs. Ed. en ePubl. Dark Butterfly (2012). Xerais. 176 páxs. Ed. en ePub. Nadie duerme (2017). Pepitas de Calabaza. 96 páxs. (Como Xina Vega). Ninguén dorme (2019). Laiovento. 70 páxs. O estado intermedio (2020). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-555-5. O teu perfil na miña sombra. Diario dunha nai (2024). Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-1176-199-4. Formato de diario.

Poesía Lázara (2026). Tui: Moléculas Ed. 116 páxs. ISBN 979-13-992322-1-9. miniatura|Presentando O teu perfil na miña sombra. Diario dunha nai na Librería Cronopios de Pontevedra, con Susana Pedreira.

Ensaio Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro (1992). Edicións do Cumio. Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación (1997). Laiovento. Bilingüismo e autotradución na obra de Álvaro Cunqueiro (2000). Universidade de Barcelona.

Edicións Ten que doer. Literatura e identidade, de Suso de Toro (2004). Xerais. A volta da perdida. Obra inédita incautada polos militares en 1936, de Urbano R. Moledo (2007). Ediciós do Castro.

Tradución El secuestro, de Georges Perec (Anagrama, 1988), a canda Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda. Obras colectivas Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas do Congreso Internacional "Álvaro Cunqueiro a Catalunya" (2003). Ediciós do Castro). Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con César Morán. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña. Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Através Editora. O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.

Premios Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación. Premio Xerais no 2007, por Cardume. Premio Stendhal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Cunqueiriana de Honra de 2021. Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego en 2025 polo artigo «Aínda aprendo».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Editorial Galaxia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores de Galicia