Rafael Lema Mouzo, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 27 de abril de 1967, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Ambientais, diplomado en Imaxe e Son e Filoloxía Hispánica, traballou en diversos medios de prensa e radio. É presidente do colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte e do centro de estudos Blas Espín de Camariñas. Tamén ten colaborado na Radio Galega, Antena 3 e La Voz de Galicia.
Ademais dos de poesía, recibiu varios premios a nivel nacional como investigador do patrimonio. Tamén escribe narracións para o público infantil e xuvenil.
Obra en galego Poesía Cemiterio das gaivotas (1993, Espiral Maior). Atlántida (1999, Espiral Maior). Luces de N. Y. (2001, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Sete vagas (2006, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Alturas do Monte Pindo (2013, Concello de Negreira/Consellería de Cultura).
Literatura infanto-xuvenil Flores negras (1998, Sotelo Blanco). Capitán Araña (1999, Sotelo Blanco). Mareas negras (2003, Tambre). O club do Corvo Mariño (2005, Tambre). U-49 (2007, Tambre). Crónicas corsarias (2008, Tambre). O tesouro da corsaria (2010, Tambre).
Obras colectivas Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso). Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (2009, Sotelo Blanco). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios Premio Espiral Maior no 1992, por Cemiterio das gaivotas. Premio de poesía Concello de Carral no 1998, por Atlántica. Accésit do Premio Esquío no 2000, por Luces de N. Y.. Accésit do Premío Esquío no 2005, por Sete vagas. Primeiro premio do I Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2012, por Alturas do Monte Pindo.
Obra en castelán Ensaio El camino secreto de Santiago: La ruta pagana de los muertos (2007, Edaf). Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios (2011, GAC3).
Véxase tamén Ligazóns externas Poemas de Rafael Lema na Antología de Joven Poesía Gallega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1967