miniatura|300px|dereita|Posto de Cómics no festival.

O Festival de Banda Deseñada de Angoulême, (Festival International de la Bande Dessinée) é unha reunión de autores, editores e lectores de cómics, celebrada anualmente dende 1974 na cidade francesa de Angoulême, que constitúe unha importante referencia tanto para os propios franceses como para o propio sector do cómic.

Historia A finais de 1972, ao pé do cómic Dez millóns de imáxenes, nace a idea de organizar un encontro anual dedicado ao medio. O 25 de xaneiro de 1974 inaugúrase o festival, cuxo cartel é obra de Hugo Pratt; ao encontro acudiron importantes autores, como André Franquin, Burne Hogarth e Harvey Kurtzman. Nos anos setenta o festival afianzase como un evento de magnitude internacional, ao que egrexios debuxantes como Hergé, Will Eisner, Moebius, Enki Bilal ou Jacques Tardi; ao mesmo tempo, o concello de Angulema comprométese na tarefa de facer da cidade un centro do cómic mundial, con iniciativas tales como a creación do Taller-escola de BD, en 1982.

Premios O Festival concede varios premios, que recompensan, en diferentes categorías, os mellores traballos do ano anterior editados en Francia. O xurado escolle aos ganadores de entre unha previa selección de nomeados, non superior a sete. Os premios son entregados a tarde do primeiro día do Festival, no teatro de Angulema.

O Festival concede premios en 14 categorías diferentes, entre os cales os máis destacados son:

Gran Premio: concedido a un autor polo conxunto da súa obra. Á produción deste autor dedícase cada ano o Festival, con abundantes exposicións, mesas redondas e actividades doutro tipo sobre a súa obra. Premio Alph-Art ao mellor álbum Premio ao debuxo Premio ao guión Premio ao primeiro álbum

Palmarés Gran Premio 1974 - André Franquin 1975 - Will Eisner 1976 - Pellos 1977 - Jijé 1978 - Jean-Marc Reiser 1979 - Marijac 1980 - Fred 1981 - Moebius 1982 - Paul Gillon 1983 - Jean-Claude Forest 1984 - Jean-Claude Mezières 1985 - Jacques Tardi 1986 - Jacques Lob 1987 - Enki Bilal 1988 - Philippe Druillet 1989 - René Petillon 1990 - Max Cabanes 1991 - Marcel Gotlib 1992 - Frank Margerin 1993 - Gérard Lauzier 1994 - Nikita Mandryka 1995 - Philippe Vuillemin 1996 - André Juillard 1997 - Daniel Goossens 1998 - François Boucq 1999 - Robert Crumb 2000 - Florence Cestac 2001 - Martin Veyron 2002 - François Schuiten 2003 - Régis Loisel 2004 - Zep 2005 - Georges Wolinski 2006 - Lewis Trondheim 2007 - José Muñoz

Premio Alph-Art ao mellor álbum 1976 - L'Empire des soleils noirs (Godard / Ribeira) 1977 - Légende et réalité de Casque d'or (Anne Goetzinger) 1978 - Alix. O espectro de Cartago (Jacques Martin) 1981 - Paracuellos (Carlos Giménez) e Silencio (Comès), ex aequo 1982 - Kate (Cosey) 1983 - Alack Sinner (Muñoz / Sampayo) 1984 - Marcel Labrume, À la recherche des guerres perdues (Attilio Micheluzzi) 1985 - A febre de Urbicanda (Schuiten / Peeters) 1986 - A muller do mago (Charyn / Boucq) 1987 - Vic Valence, Une nuit chez Tennessee (Jean-Pierre Autheman) 1988 - Jonathan Cartland, Los supervivientes de la sombra (Harlé / Blanc-Dumont) 1989 - Théodore Poussin, Marie-Vérité (Yann / Le Gall) 1990 - Gazoline et la planète rouge (Jano) 1991 - O camiño de América (Baru / Thévenet) 1992 - Couma acó (Edmond Baudoin) 1993 - Basil et Victoria, Jack (Edith /Yann) 1994 - La historia del cuervo con bambas (Fred) 1995 - O caderno azul (André Juillard) 1996 - A autopista do sol (Baru) 1997 - Qui a tué l'idiot? (Nicolas Dumonteuil) 1998 - Léon la Came, Laid, pauvre et malade (Chomet / De Crécy) 1999 - Monsieur Jean, Vivons heureux en attendant la mort (Dupuy /Berberian) 2000 - Ibicus (Pascal Rabaté) 2001 - L'enquête corse (René Petillon) 2002 - Isaac o pirata (Christophe Blain) 2003 - Jimmy Corrigan (Chris Ware) 2004 - Os combates cotidiáns (Manu Larcenet) 2005 - Poulet aux prunes (Marjane Satrapi) 2006 - Notes pour une histoire de guerre (Gipi)

Premio Alph-Art ao mellor álbum estranxeiro Este premio só se concedeu nos anos 1976-1978 e 1986-2001.

1976 - A balada do mar salgado]] (Hugo Pratt) 1977 - Les Mâitres du Tonnerre (Hans Kresse) 1978 - Alack Sinner (Muñoz / Sampayo) 1986 - Torpedo 1936 (Abulí / Bernet) 1987 - Un verán indio (Hugo Pratt / Milo Manara) 1988 - Maus (1ª parte) (Art Spiegelman) 1989 - Watchmen (Alan Moore / Dave Gibbons) 1990 - Manuel Montano (Miguelanxo Prado / Luna) 1992 - Calvin and Hobbes (Bill Watterson) 1993 - Maus (2ª parte) (Art Spiegelman) 1994 - Trazo de xiz (Miguelanxo Prado) 1995 - Jonas Fink. La infancia (Vittorio Giardino) 1996 - Bone. O bosque sen retorno (Jeff Smith) 1997 - O silencio de Malka (Zentner / Pellejero) 1998 - Sarajevo (Joe Kubert) 1999 - Cages (Dave McKean) 2000 - Passage en douce (Helena Klackocar) 2001 - Le canard qui aimait les poules (Carlos Nine)

Premio Tornasol 1998 : Ikar (René Follet / Makyo)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Premios e encontros de banda deseñada