Para o ex-presidente do Perú véxase Miguel Iglesias Pino de Arce.

Miguel Iglesias Sánchez, nado en Ourense o 18 de outubro de 1984, é un modelo galego de nivel internacional.

Traxectoria Logo de estudar e pasar a infancia en Ourense, marchou aos Estados Unidos, onde viviu e estudou nos estados de Mississippi e Hawai. Despois marchou para Barcelona para estudar mercadotecnia, onde foi contratado por unha axencia de modelos. Ese mesmo ano realizou o seu primeiro pase en Milán.

Traballa fundamentalmente entre Milán e Nova York, onde foi a imaxe da campaña principal de Armani para 2008. Tamén ten traballado para Calvin Klein, Versace, Dolce & Gabbana ou Louis Vouitton.

Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1984