A Academia de l'Aragonés (Academia do Aragonés en lingua aragonesa) é unha asociación cultural creada o 15 de xullo de 2006 polo II Congreso de l'Aragonés co fin de ser a autoridade lingüística do aragonés. Na actualidade carece de recoñecemento explícito polo Goberno de Aragón, sendo a súa forma xurídica a dunha asociación cultural baixo o nome Estudio de Filología Aragonesa, pero é coñecida por todos como 'Academia de l'Aragonés'. Ten a súa sede en Samianigo (Huesca). En novembro de 2010 presentou unha Proposta de Ortografía para a lingua aragonesaEl Heraldo de Aragón.
Obxectivos da Academia Os obxectivos da Academia, segundos as ordenanzas emanadas do dito congreso, son: Investigar todas as manifestacións orais e escritas do aragonés. Achegar e actualizar o seu léxico. Fixar a súa toponimia e onomástica. Investigar e formular normas ortográficas, gramaticais e fonéticas para todas as modalidades do aragonés. Fixar, desenvolver e mellorar a modalidade estándar. Procurar o respecto dos dereitos lingüísticos dos seus falantes.
O seu primeiro consello de goberno provisorio estivo presidido por José Lera. O primeiro pleno celebrouse o 28 de outubro de 2006 na Deputación Provincial de Zaragoza, estabelecéndose así un novo consello de goberno para a Academia, elixido consonte as ordenanzas, con Manuel Castán como presidente.
Membros da Academia A lista actual de membros da Academia de l'Aragonés é a que segue:
Manuel Castán, Presidente. Juan José Lagraba, Tesoureiro. José Lera, Vocal de Coordinación. Chabier Lozano, Vicepresidente. Francho Rodés, Vocal de investigación. Fernando Romanos, Vocal de Sociolingüistica. Ánchel Lois Saludas. Fernando Sánchez, Secretario. José María Satué. Juan Jose Segura, Vocal de Codificación. Roberto Serrano. Antonio Plaza Boya (desde o 24 de novembro de 2007)
Académicos de Honra O 14 de maio de 2007, a Academia de l'Aragonés, reunida en sesión extraordinaria, nomeou os seus cinco primeiros académicos de Honra, que foron homenaxeados o 24 de novembro de 2007 na sede do Goberno de Aragón. Esta lista foi ampliada o 12 de abril de 2008, coa proclamación como académico de Honra de Michael Metzeltin, catedrático de Lingüística e Didáctica das Linguas Románicas da Universidade de Viena. Os académicos de Honra son:
Juan José Guillén Calvo Artur Quintana i Font Brian Mott Michael Metzeltin
Fenecidos Rosario Ustáriz Borra (†) Nieus Luzía Dueso Lascorz (†)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua aragonesa
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Lingua aragonesa