O Castro de Moreda é un castro situado na parroquia de Moreda, no concello lugués de Taboada.
Morfoloxía O castro está situado nun outeiro a 570 m sobre o nivel do mar. Ten fortes pendentes, polo cal a localización máis probable da entrada do castro estará na parte nordeste, a de acceso máis doado.
Estado O estado de conservación do castro non pode ser avaliado, xa que non se realizou ningunha escavación oficial. Sábese que dende hai moito tempo sufriu o espolio das súas pedras, sendo doado atopalas noutros edificios da zona.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa
Moreda (Taboada)