O sapo comúnVocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega. (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.
Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.
O sapo na cultura popular galega
Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).
Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos: Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.
Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.
Segundo un poema de Lamas Carvajal,"O tangaraño", en Escolma de poesías, publicacións da Real Academia Galega, A Cruña 1972, 57-58. os ollos dun sapo formaban parte do remedio para curar o tangaraño dos nenos, que non é outra cousa que o raquitismo: A nai unha bulsa/ colgoulle ô pescozo con escapularios,/ medallas e figas,/ a pel d'unha cobra y-os ollos d'un sapo.
Notas
Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Anfibios de Galicia