O Autódromo do Estoril, cuxo nome oficial é Autódromo Fernanda Pires da Silva, é unha pista de carreiras de 4,36 km en Portugal, e foi a sede do Gran Premio de Portugal de Fórmula 1 entre e .
Actualmente, e desde a tempada do 2000, é sede do Gran Premio de Motociclismo de Portugal nas súas tres categorías (Moto3, Moto2 e MotoGP).
Características O circuíto de Estoril foi construído en 1972 nunha meseta rochosa preto de Estoril, Portugal. O circuíto ten dúas curvas moi pechadas, en forma de grampa, subidas, baixadas e unha longa recta onde se sitúa a meta. Nos primeiros anos realizáronse moitas competicións nacionais e ocasionalmente carreiras de Fórmula 2. Con todo, a falta de mantemento quitoulle posibilidades de ser utilizada para a Fórmula 1 ata 1984, ano en que de novo estivo a punto.
A través dos anos o circuíto de Estoril adoeceu de problemas de seguridade, e varias veces non logrou aprobar as inspeccións. Ademais, os ventos son frecuentes no autódromo.
Cabe destacar que este foi o último circuíto de Fórmula 1 no que non había chicanes. Con todo, tras a morte de Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, en Imola, decidiuse pór unha chicane na curva de "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho".
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Estoril AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de Alain ProstMcLaren-TAG-Porsche 1:41:11,753 h 4´350 km 70 180´541 km/h 21. outubro Portugal Ayrton SennaLotus-Renault 2:00:28,006 h 4´350 km 67 145´160 km/h 21. abril Nigel MansellWilliams-Honda 1:37:21,900 h 4´350 km 70 187´644 km/h 21. setembro Alain ProstMcLaren-TAG-Porsche 1:37:03,906 h 4´350 km 70 188´224 km/h 20. setembro Alain ProstMcLaren-Honda 1:37:40,958 h 4´350 km 70 18´034 km/h 25. setembro Gerhard BergerFerrari 1:36:48,546 h 4´350 km 71 191´418 km/h 24. setembro Nigel MansellFerrari 1:22:11,014 h 4´350 km 61 193´725 km/h 23. setembro Riccardo PatreseWilliams-Renault 1:35:42,304 h 4´350 km 71 193´626 km/h 22. setembro Nigel MansellWilliams-Renault 1:34:46,659 h 4´350 km 71 195´521 km/h 27. setembro M. SchumacherBenetton-Ford 1:32:46,309 h 4´350 km 71 199´748 km/h 26. setembro Damon HillWilliams-Renault 1:41:10,165 h 4´360 km 71 183´589 km/h 25. setembro David CoulthardWilliams-Renault 1:41:52,145 h 4´360 km 71 182´328 km/h 24. setembro J. VilleneuveWilliams-Renault 1:40:22,915 h 4´360 km 70 182´423 km/h 22. setembro Récord: N.Mansell / A.Prost (3 Veces)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial. Foto de Satélite. Estoril Race Photos.
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Deporte en Portugal Categoría:Circuítos de carreiras de Portugal