Rebelde Way é unha serie arxentina creada e producida por Cris Morena. Emitiuse orixinalmente a través de Azul Televisión/Canal 9 dende o 27 de maio de 2002 até o 10 de novembro de 2003. Unha idea orixinal de Cris Morena e producido pola súa empresa, Cris Morena Group, e Dori Media Group, ten un total de 316 capítulos divididos en 139 na primeira tempada e 177 na segunda tempada. A serie emitiuse en moitos países, acadando un éxito xeneralizado.
Sinopse Primeira tempada A serie conta as vivencias duns adolescentes estudantes internos nun colexio en Buenos Aires, Arxentina, chamado Elite Way School destinado aos fillos das familias máis poderosas e con maior nivel adquisitivo do país. Por outra banda, existe un método de bolsas no cal o aspirante a ingresar na devandita institución realiza un exame, dependendo deste a súa incorporación ao establecemento. Non obstante, un grupo de estudantes cuxo único interese é marxinar e excluír aos bolseiros, denominado A Loxa, realiza maquiavélicas trampas e demais estratexias para conseguir a expulsión destes.
A historia céntrase en catro estudantes do Elite Way School: Mía Colucci (Luisana Lopilato), Pablo Bustamante (Benjamín Rojas), Marizza Pía Spirito (Camila Bordonaba) e Manuel Aguirre (Felipe Colombo) que, por amor á música e a pesar das súas diferenzas, forman unha banda musical, Erreway, a escondidas dos profesores os cales tenta coartar a súa creatividade e capacidade de expresión.
Segunda tempada A segunda tempada comeza co regreso das vacacións de verán dos rapaces do Elite Way. A banda Erreway reafírmase, e fan concertos polo país coa ilusión de gravar un disco que os leve á fama.
Non poden estar ausentes as historias de amor e nesta tempada os amores e desamores son máis intensos ca nunca, os rapaces xa creceron e séntense diferentes. As parellas de Pablo e Marizza, Mía e Manuel, pasan por altos e baixos acadando que triunfe o amor por encima de todos os obstáculos.
Personaxes Protagonistas Benjamín Rojas como Pablo Bustamante Luisana Lopilato como Mia Colucci Cáceres Felipe Colombo como Manuel Aguirre Camila Bordonaba como Marizza Pia Spirito
Personaxes secundarios
Rapaces: Ángeles Balbiani como Felicitas Mitre Jazmín Vecar Varela como Luján Linares Victoria Maurette como Victoria "Vico" Paz Georgina Mollo como Luna Fernández Diego García como Marcos Aguilar Guillermo Santa Cruz como Nicolás Provenza Jorge (Coco) Maggio como Tomás Ezcurra Diego Mesaglío como Guido Lassen Micaela Vázquez como Pilar Dunoff Francisco Bass como Francisco Blanco Mariana Seligmann como Laura Arregui Diego Child como Diego Urcola Débora Cuenca como Bianca Juan Manuel Guilera como Juan Lis Moreno como Lola Arregui María Fernanda Neil como Fernanda Peralta Ramos Inés Palombo como Sol Rivarola Piru Saez como Rocco Fuentes Echagüe Belén Scalella como Belén Menéndez Pacheco Gastón Grande como Joaquín Arias Parrondo Estéban Pérez como Simón Paola Sallustro como Agustina Mariano Bertolini como Javier Alanís Nicolás Maiques como Máximo Gimena Accadi como Sabrina
Adultos: Catherine Fulop como Sonia Rey Martin Seefeld como Franco Colucci Arturo Bonín como Marcel Dunoff Hilda Bernard como Hilda Acosta Miguel Ángel Cherutti como Martin Andrade Pablo Heredia como Blas Heredia Fabián Mazzei como Andres Fernán Miras como Santiago Mancilla Boy Olmi como Sergio Bustamante Paula Pourtale como Mora Susana Ortiz como Sandra María Roji como Gloria Malena Solda como Renata Miguens Mirta Wons como Monica "Michi" Federico D`Elia como profesor Miranda Irene Almus como Ayerza Hector Malamud como Cosme Lassen Marcelo Alfaro como Fabrizio Spiritto
Notas
Véxase tamén Outros artigos Erreway: 4 caminos Ligazóns externas Rebelde Way , páxina oficial.
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2002 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2003 Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión da Arxentina