Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.
Traxectoria Neto de feirantes e taberneiros, reside coa súa parella e dous fillos en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas, en 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol con Fontán e en 2017 gañou o premio García Barros con O xardineiro dos ingleses. Rexenta o bar Badía no barrio vigués de Teis.
En xuño de 2022 foi nomeado Director de Edicións da Editorial Galaxia e en maio de 2026 Director Xeral da mesma editora.
Obra en galego Narrativa Festina lente (2008). Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-9782-786-7 (3ª). ePub: ISBN 978-84-9914-606-5. Premio da Crítica de narrativa galega. Foi traducida ao castelán. Settecento (2010). Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9914-084-1. ePub: 978-84-9914-522-8. Fontán (2015) Galaxia. 248 páxs. ISBN 978-84-9865-646-6. O xardineiro dos ingleses (2017). Galaxia. ISBN 978-84-9151-085-7. 444 páxs. Premio García Barros.
Literatura infanto-xuvenil Sari, soñador de mares (2006). Tambre. Foi traducida ao catalán e ao castelán. Rinocerontes e quimeras (2006). Tambre. Foi traducida ao castelán. O carteiro de Bagdad, 2007, Tambre. XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil. Traducida ao castelán en 2007, publicado en Edelvives. O canto dos peixes (2008). Edicións S. M. Premio O Barco de Vapor 2008. O pintor do sombreiro de malvas (2010). Xerais, Fóra de Xogo. 184 pasx. ISBN 978-84-9914-216-6 (10ª). ePub: ISBN 978-84-9914-792-5. Ilustracións de Ramón Trigo. Premio Lazarillo 2009 e premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da AELG. Traducida ao castelán, ao éuscaro e ao inglés. Centauros do Norte (2011). Rodeira-Edebé, Premio Raíña Lupa. Foi traducida ao castelán. Palabras de auga (2012). Xerais, Merlín. Ilustracións de Ramón Trigo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-441-2 (10ª). ePub: ISBN 978-84-9914-649-2. Todos somos (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-536-5 (7ª). ePub: 978-84-9914-543-3. Raro (2013). Tambre. As palabras poden matar (2015). Xerais, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-811-3. ePub: ISBN 978-84-9914-827-4. Unha casiña branca (2015) Xerais, Sopa de Libros. Ilustracións de Marcos Viso. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-915-8. Días azuis, sol da infancia (2017). Tambre. Foi traducida ao castelán. Pablo e as pombas (2018). Ed. Edelvives. Todos fomos (2021). Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-984-2. ePub: ISBN 978-84-1110-000-7. Curros & Holmes. No misterio d’o Kapital (2022). Galaxia. 122 páxs. ISBN 978-84-9151-802-0. Agora que vén a noite (2025). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 114 páxs. ISBN 978-84-1176-468-1.
Poesía Cartas do terceiro día (2006). Espiral Maior. Premio de poesía Concello de Carral.
Ensaio Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (2011). Xerais, Fóra de Xogo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-204-3. Biografía e antoloxía de Marcos Calveiro.
Obras colectivas Tres blues e un rap (2008). Galix-Xunta de Galicia.
Obra en castelán Literatura infanto-xuvenil El samurái del rey. 1. El camino de Levante (2010). Edelvives. El samurái del rey. 2. La calavera del indio (2010). Edelvives. Camino de levante
Premios Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día. Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad. Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente. Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes. Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad. Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente. Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente. Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas. Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas. Premio Raíña Lupa no 2010, por Centauros do Norte. Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas. Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas. Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga. Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2012, por Palabras de auga. Inclusión nas listas de honra do IBBY no 2013, por Palabras de auga. Premio Frei Martín Sarmiento á mellor obra de 1º e 2º de Educación Primaria no 2015, por Raro. Premio Narrativa Breve Repsol no 2015, por Fontán. Premio García Barros no 2017, por O xardineiro dos ingleses. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente no 2018, por O xardineiro dos ingleses.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Marcos S. Calveiro
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1968 Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Gañadores do Premio García Barros