O distrito de Faro é un distrito portugués, coincidente coa provincia tradicional do Algarve. Limita ao norte co Distrito de Beja, ao leste con España, e ao sur e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 4960 km², sendo así o 10º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 421.528 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Faro.

Subdivisións

O distrito de Faro subdivídese nos seguintes 16 concellos:

Albufeira Alcoutim Aljezur Castro Marim Faro Lagoa Lagos Loulé Monchique Olhão Portimão São Brás de Alportel Silves Tavira Vila do Bispo Vila Real de Santo António

O Algarve é a única rexión portuguesa perfectamente definida, e consecuentemente é a única que non ten unha división administrativa confusa. Na actualidade constitúe unha única subrexión estatística, correspondente ao distrito de Faro na súa totalidade.

Patrimonio Castelos de Loulé, Silves, Tavira, Castro Marim, Paderne (en Albufeira) e Aljezur Fortes de São João do Arade e da Ponta da Bandeira (en Lagoa, Portugal), Sagres e Belixe Catedrais de Silves e Faro

Véxase tamén Ligazóns externas Goberno Civil de Faro (en portugués) Fotografías de Faro (distrito) (en portugués)

Categoría:Algarve