250px|miniatura|dereita|Morcilla alemá. A morcilla ou morcelaMorcela no dicionario de dicionarios. Instituto da Lingua Galega. e tamén no Gran Dicionario Xerais, 2009. é un embutido sen carne, recheo principalmente con sangue (na súa maioría de porco) callado, de cor escura característica. É un alimento moi estendido que pode atoparse en moitos países, con moitas variedades. A súa elaboración estivo desde sempre intimamente unida á mata do porco, de cando en cando a outros animais, como a vaca ou o cabalo.
Orixe Segundo o filósofo grego Platón (Mithaïcos, 428 a. C.), a morcilla foi inventada polo grego Aftónitas. Aparece unha mención á morcilla na Odisea de Homero.
Ingredientes Existen moitas variedades en toda a Península Ibérica e na América Latina así como no resto de Europa, como a Wurstebrot alemá.
A morcilla pode facerse con diferentes ingredientes se ben o sangue, normalmente de porco, é o ingrediente principal, o cal ten que ser remexido cunha aspilladoira durante un anaco para evitar que calle. As morcillas poden ser salgadas ou doces, mais en Galicia son habituais as doces, que amais de azucre (antano adubadas con mel), poden levar uvas, figos pasos e piñóns e, para espesar, miolo de pan, fariña ou arroz. Unha vez introducida esta mondongada nas tripas, átanse unindo os extremos e se cocen durante unha media hora. Despois cólganse para que sequen ben, mais non se afuman.
Á hora de comelas é habitual cortalas en chouchas e fritilas.
Notas
Categoría:Embutidos Categoría:Aperitivos Categoría:Chacinaría