O Riverside International Raceway é un circuíto automobilístico situado en Riverside, California, Estados Unidos.

O circuíto construíuse para acoller diferentes carreiras de motor, e por iso ten diferentes configuracións de trazado: A configuración máis longa ten unha lonxitude de 5,25 km. A segunda configuración ten unha lonxitude de 4,16 km. A terceira configuración, que é a que se utiliza nas carreiras da NASCAR, ten tamén unha lonxitude de 4,16 km.

Neste circuíto producíronse diversos accidentes mortais, comezando a longa lista xa a primeira fin de semana da primeira carreira que se disputou.

A Fórmula 1

No circuíto de Riverside disputouse unha vez o Gran Premio dos Estados Unidos, Gran Premio dos Estados Unidos de 1960, e, como no circuíto de Sebring debido a pouca afluencia de público e ós elevados custos da organización da carreira, esta pasou a Watkins Glen na tempada seguinte.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Riverside International AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de 1960 Stirling MossLotus-Climax 2:28:52.2 h 5´271 km 75 159´330 km/h 20. novembro Estados Unidos

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras dos Estados Unidos de América