Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

miniatura|dereita|Capela da Virxe do Carme. Toponimia

O topónimo Cuspedriños procede do latín (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.

Patrimonio

Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.

Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía