Lérez é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 109 habitantes (59 homes e 50 mulleres), o que supón un aumento de 15 persoas con respecto ó ano 2006.
Neste lugar está o cruceiro de Lérez. A súa cruz, coas figuras do Cristo e a Virxe, e o capitel foron construídos por Miro, o fillo de Daniel de Tomeza. O varal fíxoo Eloi de Lourido, e a basamenta foi feita polo propietario do cruceiro, José Argibay Pérez.
Lugares e parroquias Lugares de Tenorio
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade