Mikael Agricola, nado en Pernaja en 1510 e finado en Uusikirkko o 9 de abril de 1557, foi un clérigo finlandés ao que se considera o primeiro escritor en lingua finesa, así como un dos máis importantes promotores da reforma protestante en Suecia e Finlandia. Adóitase nomear como o pai da lingua finesa escrita.

Traxectoria Agricola foi autor do primeiro libro escrito en lingua finesa: Abckiria (Libro ABC). Non se conservou ningún orixinal desta obra, mais grazas ás numerosas edicións que se fixeron puido ser reconstruído. A primeira edición dato do 1543 e a terceira e última, do 1559. Agricola tamén traduciu o Novo Testamento (1548), o catecismo e parte do Antigo Testamento, como tamén un libro de oracións baseadas en textos bíblicos (Rucouskiria Bibliasta) en 1544. Tiña moitas diferenzas con Martiño Lutero, mais chegou a ser o seu secretario. As diferenzas erradicaban en que Agricola tiña a idea de que a lei mosaica debía cumprirse (seguindo a doutrina xudaizante), mentres que Lutero baseaba as súas ideas na xustificación pola fe.

Obras ABC-Kiria (aprox. 1543) Dauidin Psaltari (1551) Rucouskiria Bibliasta (1544)

Véxase tamén

Outros artigos Literatura finesa Lingua finesa

Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Teólogos protestantes Categoría:Tradutores de Finlandia Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Tradutores do latín Categoría:Tradutores ao finés Categoría:Nados en 1510 Categoría:Finados en 1557