Monòver (en valenciano: Monòver, en castelán: Monóvar, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Ten 13.056 habitantes (INE 2008).
Demografía e economía A poboación distribúese en diferentes núcleos como por exemplo Monòver, Cases del Senyor, Xinorlet, Fondo e La Romaneta.
O calzado e a marroquinería, cunha importante industria de transformación de produtos agrarios (viños con Denominación de Orixe Alacant, sen esquecer o exclusivo Fondillón, o moscatel e froitos secos) constitúen a base dunha rica economía. Nas canteiras da Cavarassa extráese o mármore vermello "Alacant", e no plano artesanal destaca o traballo do vimbio, xoguetes, cestas e mobles de xardín.
A proximidade de Monòver ao casco urbano de Elda viuse aumentada ultimamente debido á sucesión urbana que supoñen polígonos industriais de ambas cidades, situados case conxuntamente.
Evolución demográfica do concello de Monòver1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 8.640 8.792 10.601 11.243 10.377 9.799 9.933 9.979 10.39310.348 11.111 12.137 11.916 12.841
Política
BP PP PSPV GIMV Outros Total 2007 1 7 8 1 0 17 2003 0 8 7 3 0 17
Cidades irmandadas Ponteareas (polo padroado da Virxe dos Remedios)
Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Alacant