miniatura|Comercio xusto, Santiago de Compostela Comercio xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores.
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto .
Principios Os principios que defende o Comercio xusto son:
Os produtores forman parte de cooperativas ou organizacións e funcionan de xeito democrático. Rexeito á explotación infantil. Igualdade entre homes e mulleres. Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos. O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas. Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outras formas de se financiar. Valórase a calidade e a produción ecolóxica. Respecto ao medio ambiente. Búscase o xeito de evitar intermediarios entre produtores e consumidores. Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.
Inténtase con isto evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do primeiro mundo e o diñeiro que se lles paga aos seus produtores no Terceiro Mundo, ademais de evitar a explotación dos traballadores. Tamén, isto axuda a compensar os efectos da obsesión de consumir no prezo mais barato, e as súas repercusións: Progresiva deterioración da calidade e duración dos produtos. Explotación dos produtores. Deterioración ambiental.
Selo de Comercio Xusto miniatura|Turrón de comercio xusto O Selo de Comercio Xusto ou Selo FAIRTRADE é o selo que, impreso nun produto, garante que este provén de comercio xusto e foi producido e comercializado seguindo os criterios internacionais de comercio xusto establecidos por Fairtrade Labelling Organzitions (FLO) International. esquerda|miniatura|180px|Cafés certificados co Selo Fairtrade-Comercio Xusto A certificación dos produtos de Comercio Xusto cun Selo permite a súa fácil identificación e a súa venda nos canais de distribución habituais. Ademais a certificación Fairtrade abre o comercio xusto a todas aquelas empresas dispostas a seguir os criterios de Comercio Xusto na elaboración dun ou máis produtos. Deste xeito a certificación Fairtrade contribúe de forma significativa ao crecemento global do volume dos produtos de Comercio Xusto vendidos en todo o mundo.
En España a Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto (ASPCX) dá licenza para o uso deste Selo e fomenta o que consumidoras e consumidores o coñezan e opten por produtos Fairtrade. a Asociación do Selo FAIRTRADE é membro de FLO International, o organismo internacional que apoia os produtores que traballan con Fairtrade ou desexan traballar con Fairtrade e que establece os criterios ou estándares de Comercio Xusto para cada produto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea. Ligazóns externas Comercio xusto, páxina de Setem Amarante 15 anos de comercio xusto en Galicia, artigo de Galicia hoxe Comercio justo: origen y evolución Web da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto “Let’s go Fair”!
Documentais Documental 52': Fair Trade
Multimedia Vídeos sobre comercio xusto
Categoría:Economía