Robert "Bob" Schul, nado en West Milton, Ohio o 28 de setembro de 1937 e finado en Middletown, Ohio o 16 de xuño de 2024, foi un atleta dos Estados Unidos especialista en probas de longa distancia que foi campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Traxectoria Schul, naceu e creceu nunha granxa de West Milton, Ohio, e empezou a correr no instituto. Aínda así, os seus resultados durante a súa estancia na Universidade de Miami non foron destacados. En 1959 uniuse ás forzas aéreas onde continuou adestrando. En 1961 coñeceu ao adestrador húngaro Mihaly Igloi. Baixo a tutela de Igloi finalizou terceiro no Campionato nacional de 3.000 m valados. Debido a diversas lesións a súa explosión non chegou ata 1964.

En 1964 bateu o récord dos Estados Unidos de 5.000 m, e o récord mundial das 2 millas cun tempo de 8:26.4 (o 29 de agosto). Logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio. Na capital nipoa, Schul disputou a final dos 5.000 m baixo unha intensa chuvia. Na última volta o francés Michel Jazy parecía encamiñarse deica o ouro, pero Schul foi recortando a distancia até superar a Jazy a falta de 50 m e lograr o ouro. Tralos Xogos, Schul acadaría en 1965 o título nacional das 3 millas pero xa nunca máis alcanzaría o nivel de 1964.

Categoría:Atletas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Fondistas Categoría:Mediofondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados no condado de Miami, Ohio Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964