A Avenida de Ordóñez é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 471 habitantes (231 homes e 240 mulleres).

Anteriormente era unha rúa que partía do cruzamento coa estrada PO-552, cruzando a parroquia de oeste a leste e rematando no peirao do río Miño fronte á vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira. Esta vía, que se converteu no eixo da vida local, debe o seu nome ó deputado Ezequiel Ordóñez González.

Lugares e parroquias Lugares de Goián

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Lugares de Tomiño