José Andrés García Cardeso, nado en 1960, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Empresario. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Baña e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Foi xulgado en maio de 2011 por tres delitos de prevaricación administrativa por ter manipulado o censo electoral para as municipais de 2007La fiscalía pide 28 años de inhabilitación para el alcalde de A Baña por falsear el censo.

Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía, ocupando ese posto o socialista José Antonio Pereira Gil.Se confirma el cambio en A Baña con José Antonio Pereira como alcalde Porén, o 14 de decembro de 2021, retornou á alcaldía tras unha moción de censura na que contou co apoio de dous edís electos por CxG que tiñan abandonado previamente dita formación.. Nas municipais de 2023 perdeu de novo a alcaldía, dado que o PSdeG chegou a un acordo co BNG que lle devolveu a alcaldía a Pereira.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Baña

Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes da Baña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes