Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación miniatura|Vista xeral da aldea de Baíste coa serra do Seixo ao fondo.

Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares. Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984).

Lugares e parroquias Lugares de Baíste

Parroquias de Avión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Avión

Categoría:Parroquias de Avión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María