Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.
Xeografía Limita ao norte con Santo André de Logares e co concello da Pontenova, ao sur con Maderne e O Trobo, ao leste coa Veiga de Logares e ao oeste co concello da Ribeira de Piquín.
Está atravesada polo río Rodil, afluente do río Eo. A fraga de Carballido, con flora autóctona, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Carballido.
Sociedade A economía da zona está baseada na agricultura e a gandaría de subsistencia. A densidade de poboación vai en descenso debido á emigración cara a cidades ou vilas maiores. Na parroquia existe un centro de educación primaria.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María foi construída en 1721. A capela de Vilar de Carballido consta dunha soa nave e un pórtico. Ten un pequeno altar e varias tallas.
Lugares e parroquias Lugares de Carballido
Parroquias da Fonsagrada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Fonsagrada Ligazóns externas Carballido en fonsaweb.com
Categoría:Parroquias da Fonsagrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María