miniatura|250px|Xices de cores. O xiz (provén do grego gupsos, ou ‘xeso’, tomado a través do latín gypsum, i) é un tipo de arxila calcaria, sedimentaria, de textura fina e terrosa que se distingue pola súa cor clara, e pola suavidade e alta porosidade. É unha forma de calcita e orixinariamente formouse nas profundidades do mar pola compresión do plancto microscópico que se asentara no fondo mariño.

Descrición e orixe O xiz é común en toda a Europa Occidental e adoitan observarse acantilados escarpados onde se atopan co mar en lugares como os acantilados de Dover na costa de Kent.

Composición alt=Pozo de giz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido|miniatura|250x250px|Pozo de xiz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido. Está composto principalmente por pequenos fragmentos de cunchas de calcita ou esqueletos de plancto, como os foraminíferos ou os cocolitóforos de 0,5 a 4 micrómetros de tamaño, aínda que preto de 10% a 25% dun giz típico está composto por fragmentos que son de 10 a 100 micrómetros de tamaño. Os fragmentos máis grandes inclúen esqueletos de plancto intactos e fragmentos esqueléticos de organismos máis grandes, como moluscos, equinodermos ou briozoos.

A xiz é normalmente calcita case pura, (carbonato de calcio), con só entre un 2% e un 4% doutros minerais. Estes son xeralmente cuarzo e minerais de arxila, aínda que ás veces tamén está presente o colofano (apatita criptocristalina, un mineral fosfato). Nalgúns leitos de xiz, a calcita converteuse en dolomita, , e nalgúns casos a xiza dolomitizada foi desdolomitizada de novo a calcita.

O giz é moi poroso, con valores típicos de porosidade que oscilan entre o 35 e o 47 por cento. é identificable pola súa dureza, o contido en fósil e a súa reacción ao ácido (produce efervescencia ao contacto).

Uso O xiz extráese para o seu uso na industria, como para a cal, ladrillos e masilla de construción, e na agricultura, para elevar o pH en solos con alta acidez.

Tamén se usa para "xiz de pizarra", para escribir e debuxar en varios tipos de superficies. Estes xices elabóranse xeralmente mesturando xeso con auga e algúns outros materiais tales como caolín, e espérase a que fragüe dentro dun molde especial. Unha vez que fraguou a mestura, desmóldase e sécase. Porén, tamén se poden fabricar a partir doutros minerais a base de carbonato. Adoita chamarse tamén así o composto de xeso que se usa no xogo de billar para fregar os tacos a fin de que non escorreguen ao golpear as bólas.

Notas

Categoría:Papelaría