Santa Cruz do Valadouro é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 176 habitantes (83 homes e 93 mulleres), distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 264 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de Santa Cruz do Valadouro data de 1667. Aséntase sobre a antiga igrexa visigótica, da que se conservan restos, que á súa vez estaba asentada sobre un castro. Posúe tamén restos doutras edificacións como o lintel de talla barroca policromada da entrada principal que representa a Adán e Eva flanqueando a Satán. O retablo maior é churigueresco e os outros neoclásicos. Tamén hai que sinalar as capelas do Carmen da Castela (século XVIII) e do barrio de Zaragoza (1753). O pazo de Gradaílle é de estilo barroco. Foi propiedade das familias Bolaño e Saavedra. Castro de Santa Cruz.
Lugares e parroquias Lugares de Santa Cruz do Valadouro
Parroquias do Valadouro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Valadouro
Categoría:Parroquias do Valadouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz