Lepus ou Lebre é unha constelación, situada xusto ó sur de Orión, e posiblemente representa unha lebre que está sendo perseguida por Orión. Lepus foi unha das 48 constelacións de Tolomeo e tamén pertence ás 88 constelacións modernas.
Esta constelación non debe ser confundida con Lupus.
Mitoloxía Aínda que a constelación de Lepus é antiga, ten pouca mitoloxía asociada, á parte do posible papel accidental no mito de Orión. Segundo Hixino, tratábase dunha lebre que fuxía do can de Orión. Eratóstenes engadía que Hermes puxéraa entre as constelacións debido á súa gran velocidade.
Estrelas Estrelas con nome propio α Lep, 2,58 Arneb < أرنب ´arnab, lebre β Lep, 2,81 Nihal ou Nibal < نهال nihāl (Camelos) apagando a súa sede R Lep, Estrela de Hind Crimson – variable 5,5 - 11,7
Estrelas con designación de Bayer γ Lep – estrela dobre 3.59, 6,15; δ Lep 3,76; ε Lep 3,19; ζ Lep 3,55 – ten un posible cinto de asteroides; θ Lep 4,67; η Lep 3,71; ι Lep 4,45; κ Lep 4,36; λ Lep 4,29; μ Lep 3,29; ν Lep 5,29
Estrelas con designación de Flamsteed 1 Lep 5,74; 9 Lep 5,25; 10 Lep 5,53; 12 Lep 5,88; 17 Lep 4,92; 19 Lep 5,28
Outras estrelas notables Gliese 229 8,14 – estrela próxima cunha compañeira anana marrón
Obxectos Notable do espazo profundo M79 (NGC 1904), cúmulo globular de magnitude 8,4 cun diámetro de 9,6 minutos de arco. Está situado a 3º53' ó sur de Nihal (β Leporis). IC 418, nebulosa planetaria de magnitude 11, cunha estrela central que ten unha magnitude 11. NGC 1964, galaxia espiral barrada, é a galaxia máis brillante da constelación con magnitude 10,8.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Lepus Star Tales – Lepus
Categoría:Constelacións