San Xoán de Rececende é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 208 habitantes (96 homes e 112 mulleres). Toponimia O topónimo Rececende procede do antropónimo de orixe xermánica Recesindus, a partir da forma en xenitivo.
Historia Coa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíuse a nova parroquia de Santo Estevo de Rececende, segregándose de Rececende.
Patrimonio Nesta parroquia están catalogados catro xacementos de fósiles correspondentes ao período Ordovícico.
Lugares e parroquias Lugares de Rececende
Parroquias da Pontenova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pontenova
Categoría:Parroquias da Pontenova Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán