miniatura|Núcleos de poboación de Entrimo e dos seus anexos, A Illa e Venceáns, no Catastro de Ensenada (1753). Santa María a Real de Entrimo é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 604 habitantes, dos cales 284 eran homes e 320 mulleres.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.

Entrimo na literatura popular A Terrachán ten orgullo/ de que ten no medio a igrexa,/ mais tamén é polo úneco/ que os outros pobos a envexan <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 50. No orixinal: orgulo. A Terrachá é lugar da parroquia e concello de Entrimo.</ref> Adios, igrexa de Entrimo,/ de espaldas te vou mirando;/ a saída será hoxe/ i a entrada non sei cando Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30.. Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.. As mociñas do Casal/ cantan e poden cantar:/ teñen un mozo con cornos/ á entrada do lugar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49). Hai moitísimos lugares co nome de Casal e O Casal, pero o único situado na Limia Baixa é lugar da parroquia e concello de Entrimo. O autor sitúa O Casal como lugar da “parroquia da Terrachán” aínda que o Nomenclátor identifica A Terrachá como outro dos lugares da mesma parroquia de Entrimo. Engade que ese "mozo con cornos" non é outro que a figura do demo ós pés de San Miguel, nunha imaxe dunha capela existente no Casal.. En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75. Venceáns é parroquia de Entrimo; esa "ferreiría" pode ser erro por Ferreiros, outro lugar da parroquia e concello de Entrimo.. Miña Virxe da Subreira/ é amiga da goteira;/ póñenlle o carballo á porta,/ heille planta-la videira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 103. No orixinal: plantala. Nosa Señora da Sobreira é padroeira de Ferreiros, lugar da parroquia e concello de Entrimo.. Outeiro, tu estás no alto,/ non te ve a Terrachán;/ tu es máis frío ca ela,/ pero dás ben millor pan'' Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 127. No orixinal: tú, és. A Terrachá é lugar da parroquia de Entrimo, concello de Entrimo.

Lugares e parroquias Lugares de Entrimo

Parroquias de Entrimo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Entrimo

Categoría:Parroquias de Entrimo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María a Real