Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 82 habitantes, dos cales 39 eran homes e 43 mulleres.
Patrimonio miniatura|esquerda|200px|Capela de Vilariño. A igrexa de Santa Cristina de Monte Longo, datada en 1732, está construída sobre o castro de Coto da Xulleira. No muro do evanxeo ten o escudo de armas dos Feijoo e dos Soutelo. Ten unha imaxe da Piedade do século XVII, e outras tallas de Santa Tareixa e da Virxe do Carme.
A capela de Vilariño, dedicada á Nosa Señora da Virxe do Rosario, ten imaxes de San Pedro, San Roque e Santo Antón.
Monte Longo na literatura popular Baixa Souto, baixa Souto,/ que a Nogueira xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Souto e Nogueira son lugares da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.. Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande.. Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.. Entre Souto i a Nogueira/ hai unha polida dama:/ se queres saber quen é/ Santa Cristina se chama Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75). Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, e Souto e Nogueira son dous lugares da mesma parroquia.. O que queira boas mozas/ véñaas buscar a Lubeira,/ o que queira pernas tortas/ vaia ao lugar de Nogueira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. No orixinal: veñas. Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.. Santa Baia é boa terra/ i a Vila pinta colores;/ Vileriño tras do Viso,/ Dios me retire os amores Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141). Santa Baia e A Vila son dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira; Vilariño, lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira. Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios..
Lugares e parroquias Lugares de Monte Longo
Parroquias de Lobeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira
Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina