Santiago de Couso de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 147 habitantes, dos cales 75 eran homes e 72 mulleres.

Patrimonio A igrexa parroquial, do século XVII, ten unha nave con arco de triunfo sobre pilastras de aceso ao presbiterio e sancristía. O retablo, da mesma época, ten dous corpos, con base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade.

O santuario dos Miragres comezou a construírse a inicios do século XIX cunha arquitectura de grandes pretensións, pero ficou sen rematar. No retablo maior, que repousa sobre a figura de dous grandes anxos, destaca a Virxe rodeada de anxos.

Couso de Salas na literatura popular A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Couso de Salas

Parroquias de Muíños

Notas

Categoría:Parroquias de Muíños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior