Santa María do Mundil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 608 habitantes, dos cales 310 eran homes e 298 mulleres.

A finais do século XX experimentou un envellecemento demográfico e un profundo cambio nas actividades socioeconómicas. Amais do sector primario (gandaría e agricultura), hai industria forestal.

As festas parroquiais celébranse a finais de agosto en Outomuro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Mundil

Parroquias de Cartelle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cartelle

Categoría:Parroquias de Cartelle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María