O uranio é un elemento químico metálico de cor prateada-agrisada da serie dos actínidos, o seu símbolo químico é U e o seu número atómico é 92. Por iso posúe 92 protóns e 92 electróns, cunha valencia de 6. O seu núcleo pode conter entre 142 e 146 neutróns, os seus isótopos máis abundantes son o 238U que posúe 146 neutróns e o 235U con 143 neutróns. O uranio ten o maior peso atómico de entre todos os elementos que se atopan na natureza. O uranio é aproximadamente un 70% máis denso que o chumbo, aínda que menos denso que o ouro ou o volframio. É levemente radioactivo. Foi descuberto como óxido en 1789 por M. H. Klaproth que o chamou así no honor do planeta Urano que acababa de ser descuberto en 1781.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía