Pyotr Grigorevich Bolotnikov (en ruso: Пётр Григорьевич Болотников), nado en Zinovkino (Mordovia) o 8 de marzo de 1930, é un antigo atleta soviético, un dos mellores corredores de fondo de comezos da década de 1960,Grande Enciclopedia Rusa (2005), Moscova: Bol'shaya Rossiyskaya enciklopediya Publisher, vol. 3, p. 731 gañador dos 10.000 metros nos Xogos Olímpicos de Roma.

Traxectoria Pyotr Bolotnikov comezou no atletismo con só 20 anos, cando se uniu ao Exército Vermello. Preparábase na sociedade deportiva Spartak.Boris Khavin (1979). Todo sobre os Xogos Olímpicos, 2ª ed. (en ruso), Moscova: Fizkultura i sport, p.534.

Bolotnikov gañou o seu primeiro título nun campionato nacional nos 10 000 m en 1957, cando sorprendentemente superou o gran Vladimir Kuts na recta final por 0,2 segundos. Converteuse no dobre campión soviético en 5000 e 10 000 metros dende 1958 ata 1962. Tamén gañou o título nacional nos 10 000 m en 1964 e o título nacional na modalidade de campo a través en 1958. En 1959 recibiu o título de "Mestre Honorífico do Deporte da Unión Soviética".

Bolotnikov participara xa nos Xogos Olímpicos de 1956, pero sen éxito. Nos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma Bolotnikov controlou a carreira dos 10 000 m dende o principio até a fin, superando aos principais favoritos Hans Grodotzki de Alemaña Oriental e Murray Halberg de Nova Zelandia por 5 segundos. O 5 de outubro dese mesmo ano, en Kíiv, rebaixou o récord mundial dos 10 000 metros en case 12 segundos, 28:18.8.

Xusto dúas semanas antes dos Europeos de Atletismo de 1962 en Belgrado, o 11 de agosto de 1962 en Moscova, Bolotnikov bateu o seu propio récord dos 10 000 m en 0,6 segundos, 28:18.2, converténdose no favorito para as probas de longa distancia destes campionatos. Gañou facilmente a carreira dos 10 000 m, aínda que sorprendentemente quedou terceiro nos 5000 m.

Logo do fracaso nos Xogos Olímpicos de 1964, decidiu retirarse do atletismo en 1965. Recibiu a Orde de Lenin en 1960.

Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Mordovia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Orde de Lenin Categoría:Atletas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Fondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Atletas de Rusia Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964