Lopo Lías, Lopo Liáns ou Lopo Liãns foi un trobador galego do século XIII. Estivo activo na primeira metade do século XIII.

Traxectoria Os estudosos Álvarez Blázquez e Lapa concluíron que o seu apelido deriva de Eliae, mediante algúns documentos situaron a súa zona de influencia entre Lugo, Monforte de Lemos e a comarca do Morrazo. Lapa tamén sitúa ao castelo de Orzelhon, mencionado en tres das súas composicións, na provincia de Ourense. Outros investigadores sospeitan que foi un importante trobador cortesán, probablemente ao servizo dunha infanta.

Obra Consérvanse 19 composicións súas, todas cantigas de escarnio e maldicir. Críase que eran 20 composicións, tal e como sostiña o estudoso Silvio Pellegrini, pero as que levan a numeración 959 e 960 no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana son unha mesma composición dividida en dúas partes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Trobadores en galego-portugués