Chipilo é unha cidade localizada a 12 km ao sur da cidade de Puebla, en México. Está localizada a 2.150 metros sobre o nivel do mar. O seu nome oficial é Chipilo de Francisco Javier Mina. O xentilicio dos seus habitantes é chipileños.
Historia Chipilo foi fundado o 2 de outubro de 1882 por inmigrantes italianos provenientes da rexión setentrional do Véneto, aínda que tamén houbo algúns piamonteses e lombardos entre os fundadores. A maioría deles viñeron de Segusino e dos pobos contiguos nas provincias de Treviso e Belluno, como Quero, Valdobbiadene, Feltre e Maser. Neste sentido, a inmigración italiana a Chipilo difire da doutros lugares de Latinoamérica, pero asemellase ó das rexións agrarias da Arxentina, zonas onde a maioría dos inmigrantes proveñen das rexións do Centro-Norte de Italia. Os inmigrantes viñeron a México en busca de terras fértiles e fuxindo da pobreza que azoutaba a rexión do Véneto nesa época. Moitos deles dedicáronse á gandería. Os produtos lácteos volvéronse famosos en moitos lugares de México. Durante os primeiros 20 anos da súa fundación, Chipilo foi unha colonia de estranxeiros chamada Colonia Fernández Leal.UDLAP, Chipilo.
Lingua e cultura Os chipileños conservan as súas tradicións de orixe e especialmente a súa lingua, o véneto (na súa variedade local, o chipileño). Aínda se fala hoxe en Chipilo a lingua véneta dos seus bisavós. A variante véneta que se fala é o feltrin-belumat. Resulta sorprendente que a lingua non sufriu grandes influencias do español, como, por contra, ocorreu na Arxentina, ou acontece en Italia co influxo da lingua oficial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Chipilo
Categoría:Localidades do estado de Puebla