Castelldefels é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña.

As primeiras mencións da cidade fixéronse co nome de Castrum Felix. Unha forma romanizada, Castello de Feles, serviu como semente para o nome actual da poboación. Durante varios anos castelanizouse o nome a Casteldefels, e así figura nalgúns dicionarios de topónimos, se ben está caendo en desuso dende que se adoptou a forma Castelldefels como única oficial.

Castelldefels foi en principio unha poboación formada por unha serie de masías dispersas. Até o século XX non tivo unha auténtica estrutura urbana. Co desenvolvemento económico da cidade de Barcelona e a popularización do automóbil, Castelldefels trocouse nun lugar de veraneo de moitos barceloneses a mediados dos anos 1950. En 1957 había máis de 40 urbanizacións en construción.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 289 797 2.039 13.21924.55945.09160.572

Lugares de interese 300px|miniatura|Castelo de Castelldefels Castelo: situado nunha ladeira, foi construído no Século X. A forma definitiva do castelo construíuse no século XVIII. Na actualidade serve como sala de exposicións. Canle Olímpica: construído para a celebración das competicións de velocidade en augas tranquilas durante os Xogos Olímpicos de 1992. Na actualidade pódense realizar diversos deportes. Escola Politécnica Superior de Castelldefels: Ofrece as titulacións universitarias de Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións e Enxeñaría Técnica Aeronáutica. Pertence á Universidade Politécnica de Cataluña. Praias: de máis de 5 quilómetros de lonxitude. Zonas de escalada: Penya Ginesta, Rocha Negra, Mala Dona, entre outras. Poboación (2006): 56.718 habitantes. Superficie: 12,9 km². Altitude: 3 m.

Irmandamentos La Habana Vieja, Cuba Lormont, Francia

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona