Víctor María Aparicio Abundancia, máis coñecido como Víctor Coyote, nado en Tui en 1958 e finado en Marugán (provincia de Segovia) o 13 de agosto de 2026, foi un artista polifacético galego.

Traxectoria En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña, movementos culturais a medio camiño entre o underground e a cultura de masas.

Nesa primeira etapa que se inicia en 1979 formou parte do grupo Los Coyotes, que liderou canda Fernando Gilabert. Desta formación tomou o seu alcume Victor Coyote. A partir de 1988 o grupo mudou de nome, e pasou a chamarse Los Coyotes de Víctor Abundancia, co que gravaron Esta noche me voy a bailar, un dos seus grandes éxitos.

Posteriormente continuou a súa carreira en solitario, tanto co alcume de Víctor Coyote como co de Víctor Abundancia. Achegouse ó público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou temas como "Pode ser", que aparece na compilación A Cantar con Xabarín. Ademais, o seu tema "Jaguarundi" foi o tema escollido por TVE como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995.

Ademais de á música, tense dedicado tamén ó deseño e á pintura, e ten traballado en multitude de exposicións, mostras, gravacións e traballos audiovisuais. Como actor, fixo pequenos papeis en varios filmes.

Faleceu nun accidente de bicicleta na provincia de Segovia, onde acudira para contemplar a eclipse solar do 12 de agosto de 2026.

Obra Con Los Coyotes Extraño corte de pelo (EP, 1982) Ella es tan extraña (maxisingle, 1983) Aquí estoy de nuevo (single, 1983) El mono (maxisingle, 1984) Mujer y sentimiento (LP, 1985). Deste álbum extrae tamén Como un extranjero (single, 1985), cun tema novo. Las calientes noches del barrio (LP, 1987). Deste álbum extrae La estación del amor (single, 1987). De color de rosa (LP, 1988). Deste álbum extrae De color de rosa (maxisingle, 1988), e Esta noche me voy a bailar (maxisingle, 1989). Puro semental (LP, 1989), dos que extrae El típico español (single en 1990 e maxisingle en 1990), e Corazón de reloj (single, 1990)

Recompilatorios Tocando sus éxitos (LP, 1991, que inclúe un tema novo titulado Aguas bravas. Precisamente desa peza publica un single Aguas bravas, en 1991. Amor de hermano (CD, 1996) 300 kg (disco-libro, 2004). La estación fantasma. Grabaciones completas de la Era Punkabilly 80-85 (vinilo, 2009).

Como Víctor Coyote Lo bueno, dentro (CD, 1995), do que extrae o CD single Sólo el oído trabaja (1995). Lucha de migajas (CD, 2000). Deste álbum extrae un single, Coches, carros, naves, bugas, en 2000. Amor apache (CD single, 2002). Neste álbum participan tamén Fangoria e fan remesturas Cortesse, + de lo mismo, Javier García, Los Niños Digitales, e 3PO. ¿A qué viene ahora silbar? (minielepé, 2004). Afranio, documental sobre Antón Alonso Ríos. Joven de cuello vuelto (CD single, 2010). Dos años luz y cuarto (CD, 2011). De pueblo y de río (CD, 2014). neste álbum inclúe versións en portugués de Roberto Carlos, de Amália Rodrigues ou de Jorge Ferreira. Las comarcales (CD, 2020) El propio (CD, 2026) Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Axencia Audiovisual Galego

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Movida viguesa Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Movida madrileña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos musicais do Xabarín Club Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Finados en accidente