Pobra de Seabra (en castelán: Puebla de Sanabria, en leonés: La Puebla ou La Viellahttp://www.academia.edu/2128243/_Que_facemos_cola_toponimia_de_Zamora) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.
Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.
Historia Seabra aparece documentada desde o século VII como parroquia sueva e ceca visigoda baixo o nome de "Senapria". No século X a "Urbs Senabrie" é citada como referente territorial nos primeiros diplomas do mosteiro de San Martín de Castañeda. A consolidación deste núcleo urbano como cabeza de toda a comarca xabresa debeu producirse a partir do reinado de Afonso VII, posteriormente Afonso VIII fomentou o seu desenvolvemento mediante o outorgamento dunha carta poboa o 1 de setembro de 1220, inspirada no Foro de Benavente. O texto de devandito foro é coñecido a través dun privilexio de Afonso X (Sevilla, 19 de maio de 1263) polo que confirma e modifica parcialmente a carta foral de Afonso VIII.
Durante o século XVII sufriu a Guerra de Separación de Portugal ao estar situada en plena fronte de batalla. De igual xeito, durante a Guerra de Sucesión ocorrida en España entre os partidarios de Filipe de Anjou e o Arquiduque Carlos, a vila foi ocupada por tropas portuguesas, sendo recuperada pola Monarquía Hispánica o 24 de decembro de 1715, consonte o previsto na Paz de Utrecht.
O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Pobra de Seabra realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».
Demografía A poboación de Pobra de Seabra non variou demasiado nos últimos 100 anos. Houbo continuos aumentos e diminucións da poboación. O crecemento dos anos 70 débese a que absorbeu outro concello, Ungilde.
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008 1.107 1.107 1.028 1.286 1.219 1.367 1.297 1.588 1.858 1.696 1.577 1.595
Política A repartición de escanos quedou deste xeito:
<th> PSOE PP Outros Total <tr> 2007 6 3 0 9 <tr> 2011 7 2 0 9 2015
9
Patrimonio artístico miniatura|350px|dereita|Lago de Seabra Castelo dos Condes de Benavente Igrexa de Nuestra Señora del Azogue Ermida de San Cayetano Concello Parque Natural do Lago de Seabra''' Forte de San Carlos
Festas O 8 de setembro celébranse as festas da nosa Señora das Vitorias, que duran toda a semana e ás que acoden xentes de toda a comarca, dados os importantes espectáculos que ofrecen.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Portal de Turismo de Pobra de Seabra
Categoría:Bisbarra de Seabra