Airas Peres Vuitoron foi un trobador probablemente galego do século XIII que estivo activo entre 1245-1275.

Traxectoria Nun principio considerouse que era de orixe portuguesa en base ao contido dalgunhas das súas cantigas, con todo, Carolina Michaelis xa se inclinaba á súa procedencia galega, apuntando a que podía ser fillo dun vigairo xeral do bispo de Lugo, do mesmo xeito que António Resende de Oliveira. Pode ser membro dunha familia da baixa nobreza, así Resende de Oliveira apunta a que pode ser fillo Pero Pais "Vultoran" e irmán de Johan Perez "Voytorun", o primeiro documentado nunha doazón ao mosteiro de Vilanova de Dozón. Xabier Ron Fernández sostén que a familia pode proceder da localidade de Buitorón que pertence a Muxía.

Foi un fiel partidario de Sancho II de Portugal na loita contra o seu irmán Afonso III de Portugal. Tras o triunfo de Afonso III tivo que exiliarse en Castela. Relaciónaselle cos trobadores Pero da Ponte, Bernal de Bonaval e Pero Garcia Burgalês, entre outros.

Obra Consérvanse doce cantigas, ademais doutra de dubidosa autoría. Todas elas son cantigas de escarnio e maldicir, das cales cinco son sátiras políticas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Nados en ano descoñecido