A améndoa (do latín vulgar amyndula, no latín clásico amygdalum, -i, de orixe grega, que denominaba tanto a árbore coma o froito) é o froito da amendoeira, é unha drupa oblonga, engurrada e de cor verde, dentro contén a semente, branca, oblonga e apatelada, recuberta por unha película de cor canela.
A améndoa verde designa o froito tenro, recollido en xuño e xullo, e de sabor delicado. A améndoa amarga designa á velenosa e a améndoa doce á comestible.
Pódese comer en cru, en turróns, en confeitaría. A esencia de améndoa tamén se utiliza en perfumaría.
California é a principal área produtora de améndoa, séguelle España.
miniatura|Amendoado de Allariz.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Bebida de améndoa
Categoría:Froitas Categoría:Froitos secos Categoría:Oleaxinosas