Es Migjorn Gran é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 31,2 km² onde no ano 2020 vivían 1 463 habitantes.
Xeografía Localización O concello limita ao oeste con Ferreries; ao norte con Es Mercadal; ao leste con Alaior; e ao sur ten saída ao mar Mediterráneo.
Noroeste: Ferreries Norte: Ferreries e Es Mercadal Nordés: Es Mercadal Oeste: Ferreries 75px Leste: Alaior Suroeste: mar Mediterráneo Sur: mar Mediterráneo Sueste: mar Mediterráneo
Praias Es Migjorn Gran ten sete praias, a meirande parte de area fine a branca e augas cristalinas, que son: cala Trebalúger, cala Fustam, cala Escorxada, Binigaus, Binicodrell, Sant Tomàs e unha pequena parte de Son Bou (que xa pertence a Alaior).
Illotes Dentro de seu termo municipal tamén se atopan tres pequenos illotes, entre os que destaca o de Binicodrell.
Historia A vila fundouse durante a segunda dominación británica a partir da capela de San Cristovo, dentro do lugar de Binicodrellet, que no ano 1769 edificou Cristòfol Barber i Ametller, na honra ao seu patrón. De 1912 a 1913 publicouse o semanario quincenal Llum Nova, un dos primeiros boletíns publicados na lingua da illa. Até o ano 1988 aínda se chamaba oficialmente como a igrexa (San Cristóbal). Non foi até o ano 1989 cando se segregou de Es Mercadal e se constituíu como concello propio.
Economía As praias e calas do concello de Es Migjorn Gran ocupan uns 2 250 metros cadrados, dos que 900 pertencen á praia de sant Tomàs, onde hai unha urbalización co mesmo nome moi preto. As actividades económicas predominantes de Es Migjorn Gran son o turismo e a construción, aínda que tamén están activas algunhas explotacións agrarias. A actividade turística, que supón máis do 50% do PIB de Menorca, ten lugar entre os meses de abril e outubro.
Demografía Segundo o INE, en 2019 Es Migjorn Gran contaba con 1 405 habitantes censados, que se distribúen do seguinte xeito:
Núcleo de poboaciónHabitantesEs Migjorn Gran1281Sant Tomàs79Diseminado45TOTAL1405
Evolución da poboación de Es Migjorn Gran dende a década dos 50 ata agora:
Política A repartición de escanos nas últimas eleccións municipais quedou deste xeito:
<th> ENTESA PP PSOE Outros Total 2007 0 4 4 1 9 2011 0 4 5 0 9 </div>
Eleccións municipais en Es Migjorn Gran (2019) Partido político Votos %Válidos Concelleiros Partido Popular (PP) 396 47,88% 5 Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 391 47,28% 4
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cova des Coloms
Ligazóns externas Páxina oficial de Es Migjorn Gran
Migjorn Gran