miniatura|250px|Retrato de Maria Anna Mozart.
Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, tamén chamada Nannerl e Marianne, nada o 30 de xullo de 1751 e finada o 29 de outubro de 1829, foi unha famosa música do século XVIII. Era a irmá máis vella de Wolfgang Amadeus Mozart e filla de Leopold e Anna María Mozart.
Traxectoria Infancia Nannerl naceu o 31 de xullo de 1751 en Salzburgo, sendo a cuarta filla do matrimonio entre Anna Maria Mozart (de soltera Pertl) e Leopold Mozart. A pesar de que o matrimonio tivera tres fillos antes de nacer Nannerl, a elevada mortalidade infantil na Europa da época, ningún deles sobrevivira.
Tanto ela como o seu irmán Wolfgang foron educados na casa da man de seu propio pai, quen lle aprendeu os principios básicos da lectura, a escritura, o debuxo e a aritmética, así como nocións de historia e xeografía. Pola súa banda, a formación musical de Nannerl comezou a unha idade moi temperá, polos constantes ensaios de Leopold e os seus compañeiros músicos. Sábese que aos 7 anos de idade, o seu pai comezou a ensinalle a tocar instrumentos de clavicordio, instrumento no que dende o principio mostrou unha gran destreza e unha alta capacidade para a aprendizaxe, tocando cun virtuosismo abraiante para a época cando tiña once anos. O prodixio dos seus fillos motivou a Leopold a levala xunto co seu irmán a Múnic en 1762 para que actuaran ante Maximiliano III, o príncipe elector de Baviera., así como a Viena nunha viaxe que se prolongaría tres meses. Leopold levouna en viaxes a moitas cidades, tales como Viena e París, para explotar os seus talentos. Nos seus comezos destacouse como excelente intérprete en clave e piano.
En 1767, durante unha viaxe a Viena e a actual República Checa, seu irmán comezou a amosar síntomas de padecer a varíola, diagnóstico que finalmente se confirmaría. Contra o 10 de novembro dese mesmo ano Wolfgang sentíase mellor, mais entón foi Nannerl quen tamén contraeu a enfermidade e estivo enferma durante tres semanas.
De calquera xeito, dada a opinión dos seus pais, frecuente na sociedade da súa época, facíase imposible que continuara a súa carreira. De acordo co New Grove, "dende 1769 en diante non se lle permitiu amosar o seu talento artístico nas viaxes co seu irmán, xa que acadara a idade para casar". Durante os anos 1770, mentres Wolfgang triunfaba artisticamente en Italia xunto co seu pai, Maria Anna debía permanecer na súa casa xunto a súa nai. Igualmente tivo que quedar na casa co seu pai mentres Wolfgang visitaba París e outras cidades (1777-1779) coa súa nai.
Existen evidencias de que Maria Anna escribiu composicións musicais, como poden ser as cartas de Wolfgang gabando o seu traballo, pero a voluminosa correspondencia de Leopold xamais menciona ningunha das súas composicións, e tampouco sobreviviu ata hoxe ningunha delas.
Matrimonio e maternidade
En contraste co seu irmán, quen loitaba co seu pai e finalmente desobedecía os seus desexos respecto a aspectos cruciais (elección de carreira e de esposa), Marianne permanecía completamente servil fronte ós desexos do seu pai. Namorouse de Franz D´Ippold, capitán e titor privado, pero foi forzada polo seu pai a desfacer a súa proposta de matrimonio, malia os vaos esforzos realizados por Wolfgang de que seguira as súas propias preferencias.
Finalmente contraeu matrimonio o 23 de agosto de 1783 cun maxistrado millonario, Johann Baptist Franz von Berchtold zu Sonnenburg, e mudouse con el a St. Gilgen, unha vila austríaca a 25 km ó leste de Salzburgo, cidade onde estaba o fogar da familia Mozart. Sonnenburg tiña dous matrimonios anteriores, os cales remataron ó morrer as mulleres, e tiña cinco fillos ós cales Marianne axudou a criar. Tamén deu a luz tres nenos propios: Leopold Alois Pantaleon (1785–1840), Jeanette (1789–1805) e Maria Babette (1790–1791).
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Nannerls' blog .
Categoría:Músicos de Austria Categoría:Nados en 1751 Categoría:Nados en Salzburgo Categoría:Finados en 1829 Categoría:Nenos prodixio