O Partido dos Trabalhadores ou PT, é un partido político de esquerda brasileiro. Un dos máis importantes do país, representante máis destacado da oposicións dos gobernos despois da restauración da democracia nos anos oitenta do século XX.
O PT saíu do sindicalismo espontáneo de obreiros de São Paulo de finais dos anos setenta. Dende a súa fundación, representa a defensa do socialismo como forma de organización social. O seu máximo líder Luiz Inácio Lula da Silva, conseguiu a presidencia do Brasil no 2003, despois dun ascenso debido ao descrédito dos partidos de centro e de dereita e ao seu programa de esquerda moderada. No 2005, sufriu un duro golpe, onde varios membros do partido foron acusados de corrupción: o escándalo das mensualidades. Lula foi reelixido e detentou a presidencia do Brasil até o 31 de decembro do 2010. Tras a presidencia de Lula foi escolleita presidenta do país a tamén membro do PT Dilma Rousseff que ostentou o cargo até a súa destitución polo procedemento de impeachment en agosto de 2016. Na actualidade o PT é o principal partido da oposición ao goberno conservador de Michel Temer.
Véxase tamén Bibliografía MENEGOZZO, Carlos Henrique Metidieri; KAREPOVS, Dainis; MACIEL, Aline Fernanda; SILVA, Patrícia Rodrigues da; CESAR, Rodrigo. Partido dos Trabalhadores: bibliografia comentada (1978-2002). San Paulo: Editora Fundação Perseu Abramo, 2013. 413 p. Outros artigos Luiz Inácio Lula da Silva
Ligazóns externas Partido dos Trabalhadores
Categoría:Partidos políticos do Brasil