O Novo Emden é un documental dirixido por Marcos Gallego en 2007. Trata sobre a viaxe do atuneiro Nuevo Emden do Grove a Concarneau en agosto de 1937, e posteriormente ó Caribe.

Características O guión e o traballo de investigación documental foi levado a cabo pola xornalista Comba Campoy a partir dos documentos incoados na causa militar Causa nº 728/37, que garda o arquivo militar de Ferrol. O documental, con posta en escena por parte de tres actores afeccionados do Grove (Atenea Fernández, Jacobo Otero e David Otero), inclúe narracións do relato escrito por Juan Aguiño, dono do barco, e entrevistas a Arturo Meis, o único sobrevivente na actualidade dos 18 homes que comezaron a viaxe.

O documental foi producido por Saga TV en coprodución coa TVG.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ficha en www.culturagalega.org

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia