miniatura|A constelación de Quadrans. Quadrans Muralis, o cuadrante mural, foi unha constelación creada por Joseph Lalande no 1795 a partir de estrelas ó norte de Boötes. A estrela principal era a variable CL Draconis, de magnitude aparente 4,95. A constelación representa un cuadrante, un antigo instrumento astronómico que era usado, xunto co octante e o sextante, para observa-la posición das estrelas.
Aínda que a constelación xa non é recoñecida polos astrónomos, deulle o seu nome ás Cuadrántidas, a choiva anual de meteoros que irradia dende esta zona cada mes de xaneiro. Véxase tamén
Ligazóns externas
Quadrans Muralis. Obsolete constellations (Shane Horvatin) Quadrans Muralis. Star Tales (Ian Ridpath)
Categoría:Constelacións