Yesca é unha organización xuvenil castelanista creada en Burgos no 1992 baixo o nome de Juventudes Castellanas Revolucionarias, que cambiarían o 23 de abril do 2006 ao que teñen hoxe en día.

Ten diversas asembleas en Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha. A súa loita está centrada na autodeterminación do pobo castelán, o socialismo, a solidariedade internacionalista, o feminismo, o ecoloxismo e o antifascismo, entre outras moitas causas. Yesca forma parte da coalición Izquierda Castellana, como tamén moitas organizacións castelanistas.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Yesca

Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Nacionalismo castelán